español  | galego 
Foto

Plugin nova individual

PRESENTACIÓN DE NOVOS MEDIOS PARA A RECOLLIDA DE RESIDUOS URBANOS

[12/04/2022] Categoría: Destacados, Residuos Urbanos

O presidente do Consorcio As Mariñas, José Antonio Santiso, presentou dous novos camións que virán a reforzar o servizo de recollida de residuos no territorio. Acompañado por Borja Martín Zorita, Director Rexional zona Norte, Manuel Docampo Seoane, delegado da zona noroeste e Jorge Pérez Castillo, xerente en Galicia, en representación da empresa concesionaria do servizo, Prezero e por persoal técnico do Consorcio As Mariñas inspeccionaron os novos medios consistentes nun camión de 23 m/3 de dobre compartimento e un camión de 26 m/3 de recollida lateral con sistema para evitar o envorco.

Ambos vehículos contan, entre outras solucións técnicas, con caixa de cambios automática, que facilita o manexo do camión aos condutores e ten maior eficiencia no gasto de combustible ca manual; ralentizador, que permite reducir a velocidade do camión sen accionar o freo ou cámara de visión traseira para a zona do compactador e estribos de peóns.

Ademais incorporan un sistema de radar e cámara dianteira que xestiona sistemas de seguridade coma o sistema LDWS, aviso de rebasamento de liña a través dunha alerta visual e acústica ao traspasar unha liña da estrada de forma non intencionada e o sistema AEBS de freado automático de emerxencia que detecta vehículos en movemento e estáticos situados por diante do camión, e determina se pode ser un risco. Nese caso advirte a través dun sinal visual e acústico, e frea o vehículo en caso de accidente inminente co vehículo que circula diante.

Voltar
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
page.wrap (https://comicsnake.com/ magazine-pdf.net comics-all.com lacomix.org bondage-guru.netpornoplanet.org