español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

O PUNTO LIMPO MÓBIL ACUDIRÁ AOS CENTROS EDUCATIVOS DO TERRITORIO

[05/05/2021] Categoría: Destacados, Consorcio As Mariñas

O correcto depósito de residuos supón un tratamento seguro para os mesmos na procura de concellos limpos e saudables. Isto implica a necesidade de sensibilizar na separación en orixe e no adecuado uso dos colectores instalados en vía pública para cada fracción (orgánico, inorgánico, papel, vidro, aceite, téxtil) así como do depósito do resto de tipoloxías de residuos urbanos en Punto Limpo.

Dos residuos que xeramos diariamente existen algúns que pola súa natureza, composición, volume, tamaño, forma, toxicidade ou perigo non poden ser recollidos conxuntamente co resto do lixo necesitando vehículos de recollida especiais ou procesos específicos para o seu tratamento ou reciclaxe. É o caso dos residuos especiais ou perigosos (pequenos electrodomésticos, pilas e baterías, aerosois, lámpadas e fluorescentes, teléfonos móbiles, pinturas e vernices) e mesmo os voluminosos que teñen que ser depositados nos Puntos Limpos. Ningún destes deben depositarse nos colectores de residuos ou no chan á beira deles. Dificultan a recollida dos residuos comúns, provocan unha grave deterioración e contaminación ambiental, un impacto visual moi negativo así como molestias e insalubridade aos veciños.

A través do servizo de proximidade do Punto Limpo Móbil o Consorcio As Mariñas ofrece a posibilidade de achegar este recurso aos Centros Educativos do territorio para que, durante unha semana, a comunidade educativa poida depositar no mesmo os residuos para os que está destinado, conseguindo deste xeito:

-Facilitar un punto de entrega dese tipo de residuos.

-Promover a recollida separada das fraccións de residuos, especialmente os de maior potencial contaminante e que se xeran en menor cantidade.

-Combater o depósito incorrecto destes residuos no lixo común ou directamente no chan á beira dos colectores.

-Contribuír á sensibilización en materia de residuos, promovendo o concepto de economía circular.

-Favorecer a recollida, clasificación e preparación dos residuos especiais do fogar, para a súa reutilización.

-Completar o servizo que se ofrece desde o Consorcio As Mariñas coa recollida de voluminosos, Minipunto Limpo Fixo e Punto Limpo fixo.

O Punto Limpo Móbil vai acompañado de persoal técnico que resolverá dúbidas e proporcionará consellos para unha correcta separación dos residuos.

Os Centros educativos interesados en participar neste programa poden contactar co Consorcio As Mariñas no correo comunicacion@consorcioam.org onde concretarán os detalles da participación.

Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
bondage-guru.netpornoplanet.org