español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Agenda

Encabezado Agenda

Agenda

Plugin agenda

[25/10/21] FESTIVIDADES DO 1 E O 3 DE NOVEMBRO

Infórmase que, con motivo da festividade do 1 de novembro, o servizo de recollida de residuos urbanos se realizará de xeito habitual.

Asimesmo o mércores 3 de novembro, festividade de San Martín de Porres, patrón dos varredores, segundo reflexa o convenio colectivo en vigor para o centro de traballo Cespa As Mariñas, NON HABERÁ SERVIZO DE RECOLLIDA, polo que tanto o día anterior coma o posterior disporase de vehículos de reforzo.

Os puntos limpos do Consorcio As Mariñas permanecerán pechados o luns 1 e o mércores 3 de novembro.

Agradecendo a colaboración da cidadanía, desculpen as molestias.

más información
[20/09/21] O PUNTO LIMPO MÓBIL RETOMA AS VISITAS AOS CENTROS ESCOLARES

O Consorcio As Mariñas ven de dar continuidade á iniciativa de sensibilización medioambiental posta en marcha o pasado curso escolar e dirixida aos centros educativos dos oito concellos que o integran.

A actividade consiste na presenza, durante unha semana, do Punto Limpo Móbil nas instalacións do centro escolar para, deste xeito, ofrecer a posibilide de depositar no mesmo os residuos para os que está destinado, conseguindo deste xeito:

-Facilitar un punto de entrega dese tipo de residuos.

-Promover a recollida separada das fraccións de residuos, especialmente os de maior potencial contaminante e que se xeran en menor cantidade.

-Combater o depósito incorrecto destes residuos no lixo común ou directamente no chan á beira dos colectores.

-Contribuír á sensibilización en materia de residuos, promovendo o concepto de economía circular.

-Favorecer a recollida, clasificación e preparación dos residuos especiais do fogar, para a súa reutilización.

-Completar o servizo que se ofrece desde o Consorcio As Mariñas coa recollida de voluminosos, Minipunto Limpo Fixo e Punto Limpo fixo.

O Punto Limpo Móbil vai acompañado de persoal técnico que resolverá dúbidas e proporcionará consellos para unha correcta separación dos residuos.

O correcto depósito de residuos supón un tratamento seguro para os mesmos na procura de concellos limpos e saudables. Isto implica a necesidade de sensibilizar na separación en orixe e no adecuado uso dos colectores instalados en vía pública para cada fracción (orgánico, inorgánico, papel, vidro, aceite, téxtil) así como do depósito do resto de tipoloxías de residuos urbanos en Punto Limpo.

Os Centros educativos interesados en participar neste programa poden contactar co Consorcio As Mariñas no correo comunicacion@consorcioam.org onde concretarán os detalles da participación.

 

 

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
bondage-guru.netpornoplanet.org