O Consorcio As Mariñas e o Club de Atletismo Sada veñen de asinar un convenio para desenvolver o proxecto "Talentum As Mariñas" destinado a alumnado dos Instituto de Educación Secundaria do territorio do Consorcio. O obxectivo é achegar a rapaces e rapazas as diferentes disciplinas do atletismo, promovendo hábitos saudables e de fomento do deporte de base.
Ao longo de cinco xornadas, que se celebrarán nas instalacións de INEF (Bastiagueiro-Oleiros), adestradores do Club de Atletismo Sada deseñarán circuitos axeitados á idade do alumnado participante de xeito que poidan facer, como mínimo, unha proba de velocidade, lanzamento, saltos e relevos. As xornadas rematarán con unha lúdica competición inter-centros como broche final.
O acordo foi asinado polo presidente do Consorcio As Mariñas, José Antonio Santiso e o presidente do Club de Atletismo Sada, Fernando Míguez.
Consiste en dotar ás peixeiras que estean adheridas a esta campaña, dun contedor propio para o depósito dos residuos orgánicos da súa actividade.
A finalidade é evitar a mezcla deses residuos cos dos cidadáns nos contedores da vía pública.
Deberase contar coa colaboración dos establecementos adheridos para habilitar a recollida do seu contedor no horario que se lle establezca.
O seu almacenamento diferenciado minimiza as molestias aos cidadáns, principalmente en canto a cheiros.
Implantación dun novo servizo de recollida comercial de cartón que se leva a cabo recollendo os residuos de cartón nos comercios adheridos a este servizo "porta a porta", é dicir, contando coa colaboración dos comerciantes que depositan os seus residuos de cartonaxe no lugar e día acordados diante do seu establecemento e se lles retiran polo servizo de xeito individual.
Deste modo obtense un material de alta calidade para a súa reciclaxe, se lles presta aos comerciantes un servizo directo e se deixa unha maior capacidade nos colectores de papel-cartón da vía pública para o depósito da cidadanía.
Con motivo dar a oportunidade aos veciños e veciñas do territorio dos concellos que forman o Consorcio As Mariñas de render homenaxe a un dos fundadores e presidente do Consorcio As Mariñas, Julio Sacristán de Diego, organízase unha comida que terá lugar o sábado 20 de xaneiro ás 14.30 horas no Restaurante "El Pantano" en Orto-Abegondo.
O prezo é de 35 euros que se farán efectivos mediante ingreso na conta bancaria ES16 2080 0702 1530 4004 7544 (facendo constar no concepto o nome e DNI da persoa asistente). O prazo remata o 18 de xaneiro.